Benvido ó blog do Coro Virxe do Mar, onde atoparás direccións e páxinas de interese, información sobre concertos ou novas ligadas ó noso particular mundo musical.

jueves, 14 de julio de 2011

E un ano máis, sons medievos!


Os días 15, 16 e 17 de xullo celebrarase na vila noiesa a Feira Medieval, na cal o noso singular conxunto vocal participará o día 17 coa interpretación de diversos temas da época que incrementarán o espíritu trouleiro da festa.




A primeira actuación será en Sta. María a Nova (19.30), seguida de outras que se realizarán en distintos lugares da vila ó longo da tarde.


'Por honra de Sant Antruejo.... hoy comamos y bebamos!'

martes, 21 de junio de 2011

Frases do día

Por iso de que algo de humor nunca está de máis, esta entrada dará inicio a unha nova sección: as memorable quotes dos integrantes do noso coro. Quedan aquí algunhas delas.


   "E que eu entrei, vin a Joaquín e vin a DIOS."  by  Rosita

   "Lhot querida amiga..." e continúa unha versión resumida do Pentateuco  by Joaquín

   "Se cadra en vez de cantala en inglés podían cantala en galego..." (solución ó problema de non chegaren os tenores a un Re alto)  by Carlos P

   "Ánimo tripas, que xa chegou a comida!', dicía miña nai."  by Rosita

Aviso!

Recorda que o próximo xoves non haberá ensaio por mor da celebración do San Xoán. Así pois, vémonos o vindeiro día 30 de xuño.

A desfrutar das cacharelas!

(en breve enviarase o listado das cancións que serán interpretadas na Feira Medieval)

miércoles, 25 de mayo de 2011

Midis e partituras

Aquí queda o enlace no que atoparás partituras e midis didácticos do Orfeón Universitario de Málaga. Tan sinxelo como buscalo autor ou título da obra desexada e escoitalas voces que a interpretan.

(fai click no nome para un acceso directo á web ou entra en www.orfeonmalaga.org/partituras.htm)


A practicar!

sábado, 30 de abril de 2011

Xornadas psicopedagóxicas

Entre a pedra milenaria e o arte maís vangardista aparecen en perfecta formación semicircular un grupo de querubines prestos a agarimar o ar coas súas armoniosas melodías...


Documento histórico...

Coro Virxe do Mar como claro exemplo da unión e bo clima nun centro de ensinanza.