Benvido ó blog do Coro Virxe do Mar, onde atoparás direccións e páxinas de interese, información sobre concertos ou novas ligadas ó noso particular mundo musical.

jueves, 14 de julio de 2011

E un ano máis, sons medievos!


Os días 15, 16 e 17 de xullo celebrarase na vila noiesa a Feira Medieval, na cal o noso singular conxunto vocal participará o día 17 coa interpretación de diversos temas da época que incrementarán o espíritu trouleiro da festa.




A primeira actuación será en Sta. María a Nova (19.30), seguida de outras que se realizarán en distintos lugares da vila ó longo da tarde.


'Por honra de Sant Antruejo.... hoy comamos y bebamos!'

martes, 21 de junio de 2011

Frases do día

Por iso de que algo de humor nunca está de máis, esta entrada dará inicio a unha nova sección: as memorable quotes dos integrantes do noso coro. Quedan aquí algunhas delas.


   "E que eu entrei, vin a Joaquín e vin a DIOS."  by  Rosita

   "Lhot querida amiga..." e continúa unha versión resumida do Pentateuco  by Joaquín

   "Se cadra en vez de cantala en inglés podían cantala en galego..." (solución ó problema de non chegaren os tenores a un Re alto)  by Carlos P

   "Ánimo tripas, que xa chegou a comida!', dicía miña nai."  by Rosita

Aviso!

Recorda que o próximo xoves non haberá ensaio por mor da celebración do San Xoán. Así pois, vémonos o vindeiro día 30 de xuño.

A desfrutar das cacharelas!

(en breve enviarase o listado das cancións que serán interpretadas na Feira Medieval)

miércoles, 25 de mayo de 2011

Midis e partituras

Aquí queda o enlace no que atoparás partituras e midis didácticos do Orfeón Universitario de Málaga. Tan sinxelo como buscalo autor ou título da obra desexada e escoitalas voces que a interpretan.

(fai click no nome para un acceso directo á web ou entra en www.orfeonmalaga.org/partituras.htm)


A practicar!

sábado, 30 de abril de 2011

Xornadas psicopedagóxicas

Entre a pedra milenaria e o arte maís vangardista aparecen en perfecta formación semicircular un grupo de querubines prestos a agarimar o ar coas súas armoniosas melodías...


Documento histórico...

Coro Virxe do Mar como claro exemplo da unión e bo clima nun centro de ensinanza.

viernes, 29 de abril de 2011

6 de maio

Lembra que o vindeiro venres terá lugar a clausura das VI Xornadas Psicopedagóxicas ANPA do IES Virxe do Mar ás 21:30h. Os dous temas interpretados serán 'Swing low, Sweet Chariot' e 'Barbara Ann'.


Así pois, non esquenzas asistir ó ensaio do xoves!

miércoles, 27 de abril de 2011

Aviso!

Lembra que o xoves 28 hai ensaio. Asistencia importante posto que en breve terá lugar a actuación da clausura das Xornadas da ANPA

Coro da Rá





Aquí queda a ligazón do vídeo presentación do Coro da Rá, que dirixe Ramón. Bótalle un ollo, pois non ten desperdicio!

domingo, 10 de abril de 2011

Fera ternir vostre beauté..

Fermosa interpretación... adícalle catro minutos a esta obra e desfruta da maxia que evocan as súas notas.



Pierre de Ronsard, escritor e poeta francés do século XVI

martes, 29 de marzo de 2011

Aviso!

Debido á representación teatral por parte do alumnado do IES, infórmase de que o próximo xoves 31 de marzo NON haberá ensaio.

A obra terá lugar no Coliseo ás 20.30, todo amateur do canto invitado!

viernes, 21 de enero de 2011

Reunión!

O próximo xoves, antes do ensaio, teremos unha reunión todos os membros do coro para tratar a organización do mesmo.

Esta será na biblioteca ás 8 DA TARDE.

Midis

Aquí queda unha páxina con distintos midis, entre os que atoparás, buscando  BESSIERES LOUIS, a canción dos Saltimbanques.

http://www.mundocoral.com/midis/paginamidi.htm

Luis Bessieres: Saltimbanques

E o mundo non é máis ca música feita realidade...

Posto que as novas tecnoloxías forman parte do efémero presente, facemos oficial o noso inicio neste mundo. Así pois, benvido ó blog do Coro Virxe do Mar, onde atoparás direccións e páxinas de interese, información sobre concertos ou novas ligadas ó mundo musical.